Sábado 20 Abril 2024

Santiago acolle un foro europeo de Matemáticas para resolver problemas reais na industria

Iniciados en Oxford en 1968, os European Study Group with Industry (ESGI) constitúen un foro para traballar de maneira conxunta científicos industriais e investigadores matemáticos sobre problemas de interese para a industria. Trátase dun método internacionalmente recoñecido de transferencia de tecnoloxía e coñecementos entre as matemáticas e a industria.

Nesta ocasión, o ESGI que terá lugar na Facultade compostelá de Matemáticas organizado de forma conxunta entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española Matemática-Industria (math-in) reunirá especialistas das ramas de Matemática Aplicada e Estatística e Investigación Operativa. A asistencia é gratuíta, pero é necesario rexistrarse antes do 15 de setembro.

Publicidade

Os foros buscan atopar solucións e ideas sobre os problemas industriais existentes; establecer relacións de traballo produtivas entre os matemáticos de investigación aplicada e a industria; formular novas liñas de investigación baseadas en retos empresariais; e estimular unha maior conciencia na comunidade do poder das matemáticas na prestación de vías de solución aos problemas do mundo real.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O matemático Eduardo García Río ingresa na Academia de Ciencias 

O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago incorpórase á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Cales son as vantaxes do 5G na industria? Así o estuda un equipo da UVigo

Os investigadores defenden que o uso de redes privadas permiten unha comunicación inmediata, estable e constante sen cables de por medio

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada