Xoves 28 Marzo 2024

Santiago acolle o 14º Simposio Internacional sobre variantes do xenoma

Entre o luns 5 e o próximo mércores 7 celebrarase en Santiago o 14º Simposio Internacional sobre Variantes do xenoma e o Human Variome Project organizado polo profesor Ángel Carracedo e as doutoras María Jesús Sobrido e María Torres. Participarán preto de 200 investigadores/as de máis de 30 países e desenvolverase no NH Collection Santiago. O encontro forma parte dunha serie iniciada en Oxford en 1991 que reúnen aos mellores especialistas do mundo en análise do xenoma humano e as súas aplicacións.

Entre os convidados figuran destacados científicos neste ámbito científico como o profesor Sir John Burn, Peter Donelly, Reece Hart, Andreas Laner, Walter Parson, Gunnar Rastch, Guna Rajagopal, Peter Robinson, Claire Turnbull e, procedentes de centros españois, Ivo Gut, Ximo Dopazo, Mabel Loza e Chris Phillips, ademais de Mª Jesús Sobrido e Ángel Carracedo. O congreso centrarase nas novas tecnoloxías de secuenciación xenómica, a análise e interpretación de variantes xenéticas, as aplicacións en investigación biomédica, a diagnose de enfermidades hereditarias e cancro, neste último caso cunha sesión especial sobre BRCA e cancro de mama e biopsia líquida. Tamén se debaterá o proxecto británico dos 100.000 Xenoma, os avances en bioinformática, as achegas da xenómica á industria farmacéutica, xenética de poboación e forense.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos