A Declaración conta co apoio e adhesión do Comité Español de Matemáticas.

A Declaración conta co apoio e adhesión do Comité Español de Matemáticas.

Santiago acollerá a sexta edición do Encontro Ibérico de Matemáticas

Matemáticos/as de España e Portugal reuniranse durante tres días no VI Encontro Ibérico de Matemáticas, congreso bienal que organizan a Real Sociedad Matemática Española (RSME) e a Sociedade Portuguesa de Matemática (SPM) dende 2007 e que este ano se celebrará do 6 ao 8 de outubro na USC. É unha iniciativa conxunta  que ten por obxectivo o desenvolvemento e novos proxectos e liñas de traballo entre matemáticos e grupos de investigación de ambos os dous países, tanto en áreas emerxentes como consolidadas a través dunha máxima interacción e intercambio de ideas que propicie a cooperación científica entre os matemáticos/as da Península Ibérica. O prazo de inscrición remata o próximo sábado 10 de setembro.

O formato utilizado en cada edición estrutúrase en tres áreas científicas, nas que se combinan tanto enfoques teóricos como aplicados. Nesta ocasión, discutiranse cuestións relacionadas con Álxebra e Combinatoria, con ecuacións diferenciais parciais aplicadas a fluídos e materiais e con informática teórica e ciencias da computación. En cada unha destas áreas impartiranse dúas conferencias plenarias e unha sesión especial na que intervirán conferenciantes convidados e desenvolveranse charlas e comunicacións breves. Esta organización permitirá expoñer as experiencias e resultados de investigadores/as, co obxectivo de favorecer e fomentar novas liñas de traballo.

A presidenta da Comisión Profesional da RSME e responsable da organización do encontro, Victoria Otero Espinar, apunta que “os resultados axudarán a definir e desenvolver novos métodos e técnicas matemáticas que darán lugar a innovacións nos sector tecnolóxico”. Entre os relatores figuras recoñecidos expertos e expertas nas áreas tratadas así como investigadores novos con carreiras prometedoras. Os conferenciantes plenarios serán os doutores Pedro V. Silva (Universidade de Porto), Rafael Sendra (Universidade de Alcalá), Ana Leonor Silvestre (Instituto Superior Técnico de Lisboa), Pablo Pedregal (Universidade de Castela A Mancha), Antonio Lopes (Universidade de Lisboa) e Salvador Lucas (Universidade Politécnica de Valencia).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.