Santiago abre a mostra ‘Trazos do pasado’ sobre novas tecnoloxías para a arqueoloxía

Santiago abre a mostra ‘Trazos do pasado’ sobre novas tecnoloxías para a arqueoloxía

O uso de novas tecnoloxías e ferramentas para a localización e investigación de sitios arqueolóxicos é o eixo central da exposición ‘Trazos do pasado’, unha mostra do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) coa que colabora a USC que este luns 14 se inaugura no Claustro do Colexio de Fonseca coa presenza da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Dolores Álvarez, e do director do Instituto do CSIC, Felipe Criado.

A exposición céntrase especialmente nas chamadas tecnoloxías non invasivas, isto é, os métodos que permiten localizar, recoñecer e explorar sitios arqueolóxicos sen necesidade de intervir directamente sobre eles, de modificalos, e ás veces sen necesidade sequera de percorrer o terreo.

Descríbense na mostra os usos arqueolóxicos de 5 ferramentas: as fotografías aéreas modernas, as fotografías aéreas antigas, as imaxes de satélite, o escaneado láser (LIDAR) e as diferentes formas de prospección xeofísica (eléctrica, magnética, xeorradar,…). Ademais de explicar o funcionamento de cada unha delas con exemplos dos resultados que proporcionan, tamén se presentan proxectos nos que se combinaron varias delas, como é o caso do estudo das fortificacións de época moderna no Baixo Miño, realizado dende o Incipit.

Máis información, no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.