Venres 29 Marzo 2024

Rianxo e Alto do San Marcos, novos puntos para observar o ceo no programa TodoCosmos

Os concellos de Ames e Rianxo serán as próximas citas do programa de divulgación astronómica TodoCosmos que desenvolve o Observatorio Astronómico Ramón María Aller financiado pola FECYT. Co lema ‘Noite de estrelas’, a primeira das citas será o venres 21 no Alto do San Marcos (estrada a Ameixenda) onde terá lugar unha sesión de observación de constelacións e planetas a simple vista, en horario de 22.30 a 1.00 horas. As persoas interesadas, ás que se aconsella que acudan provistas de lanterna e roupa de abrigo, poderán contactar previamente co concello de Ames ao estar previsto contar co servizo dun autobús que sairá dende a praza do Concello. Para esta xestiónestá dispoñible o teléfono 660 004 665 e o correo electrónicoauladanatureza@concellodeames.gal.

Tamén o mesmo venres celebrarase unha sesión de observación en Rianxo a partir das 22.30 horas, dende o Paseo da Ribeira a carón do busto de Castelao. Neste caso instalarase un telescopio para a observación dos planetas Xúpiter e Saturno, ademais dunha estrela dobre e un cúmulo estelar.  Nesta mesma localidade coruñesa, a xornada repetirase o 29 de xullo e o 4 de agosto en semellante horario e localización.

Publicidade

TodoCosmos continuará o seu particular percorrido por toda Galicia con sesións de observación dende Boqueixón no Pico Sacro (día 24 de xullo), Barbadás (26/7), Noia (27/7), Lampai-Teo no Alto da Grela (28/7), Padrón-Ínsua (28/7), Sanxenxo-Paseo de Silgar (30/7). A programación de TodoCosmos continuará ao longo de todo o mes de agosto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural
00:04:28

Comer ovos dispara o noso colesterol?

Grazas aos avances científicos hoxe sabemos que esta relación non é máis que un mito. Iso si, outros factores como os hereditarios, poden forzarnos a reducir o consumo deste alimento
00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

Estas son as mellores fotografías científicas de 2023

O corte transversal dunha casca de ovo, a simetría do brócoli e un nobelo de anisakis, entre as imaxes gañadores de FOTCIENCIA