Verba

A revista Verba incorpórase ao índice académico Scopus

Scopus, a maior base de datos de citas e resumo da literatura científica revisada por pares e a máis prestixiosa de Europa, acaba de incorporar a revista Verba. Anuario Galego de Filoloxía . Na súa decisión Scopus destacou que Verba “é un revista académica solvente que publica investigación orixinal no eido da lingüística, mantén unha convincente política editorial e publica contidos relevantes e excelentes no seu eido”. Esta é unha publicación fundada polo profesor Constantino García en 1974 e actualmente co dirixida pola profesora Mª Xosé Rodríguez Espiñeira e o profesor Ramón Mariño Paz.

Scopus recolle abstracts e citas de artigos de revistas e monografías científicas e académica de aproximadamente 5.000 editoriais de todo o mundo co requisito indispensable de que sexan sometidas a procesos de avaliación por pares. Tanto para a dirección e equipo de redacción da revista como para o Servizo de Publicacións, que a edita dixitalmente dende 2012 no Portal Dixital de Revistas da USC, a inclusión en Scopus “é unha magnífica noticia” que “confirma a eficiencia dun labor en equipo baseado nunha política de rigorosa selección e avaliación por pares dos artigos propostos, apoiados nas capacidades da máis actual e estandarizada tecnoloxía na edición dixital de publicacións periódicas académicas”.

Na actualidade, as outras revistas dixitais da USC indexadas en Scopus son Ágora. Papeles de Filosofía ; Estudos de Lingüistica Galega ; Obradoiro de Historia Moderna , Quintana  e Revista Galega de Economía .

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.