Investigadores de Trans-Int, na reunión que comezou este luns en Santiago. Foto: USC.

Investigadores de Trans-Int, na reunión que comezou este luns en Santiago. Foto: USC.

Reunión en Santiago para clausurar un proxecto sobre nanomedicamentos orais

O consorcio europeo TRANS-INT clausura esta semana en Santiago o proxecto ‘Novos nanomedicamentos orais: transporte de macromoléculas a través da barreira intestinal’, que coordinou a USC e que vai permitir deseñar estratexias terapéuticas que poderían ser de interese no tratamento sistémico de enfermidades como a diabete, a obesidade ou a dor, así como no tratamento local de doenzas intestinais inflamatorias.

O proxecto está coordinado polo laboratorio da USC que dirixe a profesora María José Alonso. A investigadora valora “moi positivamente” a experiencia “xa que se creou unha potente rede de colaboracións que deu lugar a numerosas sinerxías e, como consecuencia, a resultados amplamente validados de utilidade no desenvolvemento de novas terapias”. Con ela traballou tamén o grupo de investigación que dirixe o profesor da USC Carlos Diéguez, ambos os dous no CIMUS.

Na xuntanza, que inaugurou este luns o reitor Juan Viaño no Edificio Docente Roberto Novoa Santos do CHUS, participan ata o mércores máis de 50 investigadores, ademais de representantes da Comisión Europea e, como convidados e asesores externos, o doutor J. Hanes, da Johns Hopkins University (USA), e Felipe Casanueva, do CHUS.

O consorcio europeo público-privado TRANS-INT,formado por 16 socios de 15 institucións,  estudou de forma integral o modo en que determinados nanomateriais interaccionan co tracto gastro-intestinal tras a súa administración oral, así como a súa utilidade para o transporte de biomoléculas terapéuticas, péptidos e proteínas, a través da mucosa intestinal.

Os resultados do proxecto, que mobilizou preto de 11 millóns de euros durante os seus cinco anos de duración, reflíctense en máis de 400 documentos, entre os que se inclúen 4 aplicacións de patente. Así mesmo, o consorcio contribuíu á formación de 30 novos investigadores, 8 dos cales realizaron a súa tese no marco do proxecto.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.