.

.

Concurso de Relatos curtos ilustrados do Museo de Historia Natural da USC

As propostas poden presentarse ata o vindeiro día 19 en catro categorías: de 5 a 8 anos, de 9 a 13, de 14 a 17 e de 18 ou máis anos

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC mantén aberto ata o vindeiro 19 de xaneiro o prazo de presentación de traballos no III Concurso de Relatos curtos Ilustrados. As propostas deben xirar arredor do tema Riscos naturais: danos que pode causar a natureza’, como  terremotos, inundacións, movementos de terras, erupcións volcánicas ou acumulacións de gases, entre outros.

As propostas poden presentarse na modalidade individual ou colectiva. No primeiro caso existen catro categorías en función das idades: de 5 a 8 anos, de 9 a 13, de 14 a 17 e de 18 ou máis anos. No caso dos participantes colectivos estarán constituídos en grupos cun representante maior de idade. Segundo a idade da maioría dos membros do grupo establécense as mesmas categorías de idades da modalidade individual.

Os relatos deberán presentarse nun folio tamaño A4 para participantes individuais, e en A2 para os colectivos, por unha cara incluíndo texto e ilustracións, podendo entregarse en papel ou en formato dixital. O texto deberá ser breve, escrito a man ou a ordenador, neste último caso en ‘ Times new roman’ 12 ou noutra letra de tamaño similar. As ilustracións deberán ser orixinais e poderán ser debuxos ou fotografías.

Os traballos poden presentarse tanto na recepción do Museo de Historia Natural da USC (parque de Vista Alegre s/n, 15782 Santiago de Compostela), como por correo electrónico no enderezo comunicacion.museohistorianatural@usc.es, facendo constar no asunto ‘III Concurso de Nadal AAMHN’.

Premios 

Os/as gañadores/as, un por categoría, recibirán unha tablet (individual) e un trofeo e material educativo sobre a temática do concurso (colectiva). Como apoio para o concurso, pode resultar ilustrativa a visita á exposición temporal e de entrada libre ‘Riscos xeolóxicos: danos que pode causar a natureza’.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.