Xoves 25 Abril 2024

Deberiamos ser inmortais?: a primeira Regueifa de Ciencia internacional

As vantaxes e inconvenientes da inmortalidade fan reflexionar ao home desde hai milleiros de anos. Co avance da ciencia e a mellora das condicións de vida nos últimos dous séculos, cada vez falamos máis sobre se algún día poderemos chegar a ser inmortais. Iso é bo ou é malo? “Debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre?”. Esta é a premisa da vindeira edición da Regueifa de Ciencia, que se celebrará o martes 7 de novembro, ás 20 horas na Facultade de Comunicación da USC. A entrada será, coma sempre, libre e gratuíta.

Será a primeira regueifa na que participarán expertos internacionais. Por un lado da argumentación, a favor da tese da inmortalidade, estarán Carlos Martínez Alonso, expresidente do CSIC e experto internacional en inmunoloxía, e Aubrey de Grey, célebre xerontólogo británico. Pola outra banda, aportando argumentos contra o feito de vivir para sempre, debaterán Vicente Bellver Capella, profesor de Filosofía do Dereito da Universidade de Valencia experto en Bioética, e Richard Faragher, profesor de Bioxerontoloxía na Universidade de Brigton.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Prevén o leite a deterioración cognitiva? Isto é o que suxire un novo estudo

Un ensaio en maiores de 65 anos identifica un compoñente da graxa láctea que podería ralentizar a perda de memoria asociada á idade

Un programa piloto busca solucións contra a soidade non desexada

Un convenio entre a Universidade de Vigo, a Área Sanitaria e a Sociedade Galega de Xeriatría impulsa a prevención deste problema cun gran impacto na saúde

Un equipo da USC busca terapias para as enfermidades propias do envellecemento

O obxectivo é estudar as modificacións químicas do ARN asociadas ás patoloxías da idade e tentar revertelas co uso de fármacos

Ferrol e Ourense, as cidades máis envellecidas de Galicia

A idade media do galego é de 48 anos, e por cada 100 persoas menores de 20 hai aproximadamente 168 de máis de 65