Venres 29 Marzo 2024

Un proxecto galego busca a mellora xenética do carballo

A Consellería do Medio Rural e a Fundación Juana de Vega colaboran nun proxecto de investigación para a mellora xenética do carballo galego. O obxectivo e fomentar a posta en valor e mellora da especie e promover o uso e aproveitamento do carballo na nosa comunidade, a través do incremento de planta certificada.

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán, que depende de Medio Rural, acolleu unha xuntanza de traballo para facer un seguimento deste proxecto en común, denominado “Implantación de rodais (espazos) selectos mellorados de carballo –Quercus robur– en terreos de titularidade da comunidade autónoma de Galicia”.

Publicidade

A iniciativa plasmouse nun convenio de colaboración subscrito entre a Consellería e a Fundación Juana de Vega en marzo de 2015 e que xa está a dar os seus froitos. Nestes intres a planta de 18 meses estase desenvolvendo a raíz espida. No marco do proxecto, tras a selección e recollida de landras nos rodais selectos de carballo de Galicia, realizouse a sementeira en dous viveiros colaboradores, Viveros Costa de Lóngaras (Abadín, Lugo) e Centro Forestal Rías Baixas (Vilaboa, Pontevedra).

No futuro a iniciativa investigadora continuará coa instalación de varios espazos selectos de titularidade pública no ano 2018, que constituirán unha auténtica reserva xenética de carballo na nosa xeografía. De feito, un dos obxectivos que se persegue é manter a diversidade do Quercus robur en Galicia creando plantacións con maior variedade e xuntando materiais xenéticos de diferentes procedencias xeográficas dentro da mesma zona climática.

Ademais, o traballo busca mellorar as características forestais do carballo (crecemento, calidade da madeira, resistencia) e, cara o futuro, incentivar -mediante a creación dunha oferta privada por parte de viveiros da comunidade- a formación de material vexetal que permita plantar estas árbores en terreos privados ou en intervencións públicas, en parques e xardíns urbanos e periurbanos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O virus hemorráxico das vacas provoca a morte de 10 reses en Galicia

A enfermidade transmítese pola picadura dun insecto pero non se pode contaxiar de animal a animal nin tampouco a humanos

Os investigadores galegos da trama saudita cobraron da empresa do intermediario dos árabes

Os dous empregados do Centro da Carne, cunha desenfreada produción científica, inscribíronse na universidade Rei Abdulaziz pese a desenvolver a súa carreira en Galicia

Un carballo galego, no podio do concurso ‘Árbore do ano en España’

Está situado en Pontevedra e consegue o terceiro posto, por detrás detrás dunha aciñeira cántabra e dun plataneiro valenciano

A Xunta apela a motivos económicos na defensa do herbicida sospeitoso de provocar cancro

Infraestruturas sinala ao Defensor del Pueblo que as alternativas ao glifosato suporían “un incremento do gasto en control da biomasa”