Xoves 25 Abril 2024

Profesores da USC publican en galego a nomenclatura internacional de Química Inorgánica

Os profesores do Departamento de Química Inorgánica da Facultade de Química da USC Ana M. González Noya e Manuel R. Bermejo veñen de publicar a Guía Breve para a Nomenclatura en Química Inorgánica . Trátase da versión galega das normas oficiais da IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry), un documento que proporciona un esquema das regras de nomenclatura esenciais para elaborar nomes e fórmulas de compostos inorgánicos,  de compostos de coordinación e de compostos organometálicos.

A guía, de grande utilidade como material didáctico tanto en ensino secundario e bacharelato como na universidade, pódese descargar de balde dende o enlace da Real Sociedad Española de Química, organismo responsable da revisión e aprobación desta versión galega.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844