O criminólogo José Ángel Brandariz.

O criminólogo José Ángel Brandariz.

O profesor da UDC José Ángel Brandariz entra na directiva da European Society of Criminology

O profesor titular de Dereito Penal e Criminoloxía da Universidade da Coruña, José Ángel Brandariz, investigador do equipo ECRIM (Criminalidade, Psicoloxía Xurídica e Xustiza penal no século XXI) foi elixido como membro, por un período de tres anos, do Executive Board (consello directivo) da European Society of Criminology (ESC) na reunión da 16th Annual Conference of the European Society of Criminology, celebrada recentemente en Münster (Alemaña).

A ESC é a asociación académica que reúne aos criminólogos europeos. Foi fundada no ano 2000, e na actualidade agrupa a uns 1.300 criminólogos, provenientes sobre todo do eido universitario, dos cales aproximadamente 70 son españois. O profesor Brandariz é a terceira persoa de nacionalidade española, a única na directiva actual, que logra ser elixida para formar parte do consello directivo da ESC, formado por dez membros de diferentes países, ao longo dos seus máis de quince anos de historia.

Brandariz é investigador do Grupo ECRIM da Universidade da Coruña

O traballo da criminoloxía céntrase na análise de tendencias xerais sobre fenómenos criminais (criminalidade organizada, terrorismo, delincuencia de rúa, entre outros) e sobre a resposta a tales fenómenos (eficacia das penas, funcionamento policial, resposta por parte dos tribunais, medo ao delito, etc.). Na criminoloxía, como ciencia sobre a realidade, operan xuristas, pero tamén todo un conxunto de outros científicos sociais, en especial sociólogos e psicólogos sociais.

A ESC está integrada por profesores universitarios e por asesores gobernativos en materias de seguridade, orde pública e dereitos humanos. A función básica da ESC é a consolidación dos estudos criminolóxicos no eido europeo, a semellanza da máis antiga e maior American Society of Criminology. Neste sentido, o que pretende a sociedade é, por unha banda, contribuír a consolidar os estudos de criminoloxía nos países con maior retraso neste eido, como España, e, por outra, producir un espazo de discusión a nivel continental sobre a delincuencia e a resposta ao crime, o que permite aprender de estudos e experiencias que se dan noutros estados.

Polo que respecta ao ECRIM, é un dos grupos de investigación máis consolidados en ciencias sociais da UDC, segundo as valoracións da ANEP,, recoñecido como grupo de referencia competitiva pola Xunta de Galicia, que se ocupa do estudo das problemáticas do delito e da resposta punitiva, desde unha perspectiva ampla, que integra aspectos xurídicos, criminolóxicos e psico-sociais. O grupo está integrado por mais de trinta membros, nos que se inclúen fundamentalmente profesores e investigadores universitarios (xuristas, psicólogos sociais, criminólogos), pero tamén xuíces, fiscais, avogados e asesores gobernativos en materia de seguridade.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.