Playa-Pixuelas-Costa-Rica-01

Primeira reunión da rede Ecomar, na que participan a UVigo e a USC

A Rede Ecomar (Avaliación e Monitoreo dos Servizos Ecosistémicos mariño-costeiros en Iberoamérica) que coordina a USC co profesor Sebastián Villasante como responsable celebra este venres 23 e o sábado 24 a súa primeira reunión anual. A rede, aprobada polo Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento (CYTED), está formada por investigadores de oito países Iberoamericanos como son Colombia, México, Venezuela, Brasil, Chile, Perú, Portugal e España.

Ecomar constitúe a primeira iniciativa en identificar, seleccionar e desenvolver protocolos de operacionalización dos servizos indicados, centrándose nos hábitats e actividades humanas claves en cada un dos casos de estudo. Esta proposta cubrirá un importante baleiro xeográfico na medida en que só o 5% dos estudos dos mencionados servizos a nivel global se centraron en Iberoamérica, e habitualmente foron desenvolvidos por investigadores externos.

O plan de traballo, definido ata 2020, ten por obxectivos a promoción da investigación e da cooperación científica, así como a creación de mecanismos de coordinación e divulgación de modelos de xestión de éxito baseados na avaliación e o monitoreo dos servizos ecosistémicos mariño-costeiros dos países de Iberoamérica.

Nesta primeira reunión na Universidade de Vigo está prevista unha revisión xeral dos seus obxectivos específicos coa fin de estruturar e definir a rede conforme aos resultados esperados. Ademais contarase coa experiencia do experto internacional en servizos ecosistémicos Albert Norström, do Stockholm Resilience Centre.

Xa o sábado, tras unha análise previa de estudos científicos seleccionados de cada país membro da rede, identificaranse casos de estudo de interese que serán o punto de partida do traballo dos próximos meses.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.