Xoves 28 Marzo 2024

Presentan en Vigo a primeira tese sobre interpretación de lingua de signos

Evitar ou solucionar os problemas aos que un ou unha intérprete de lingua de signos se pode enfrontar no seu labor diario. Este é o obxectivo do uso de estratexias como a reconstrución con axuda do contexto, a reparación externa, a naturalización instantánea ou a anticipación, un aspecto central nesta actividade profesional e no seu ensino, que o doutor pola Universidade de Vigo Rayco González aborda na súa tese, La estrategia siempre a mano: propuestas didácticas para la interpretación en lengua de signos, a primeira presentada en España sobre interpretación de Lingua de Signos Española (LSE). “Un dos motivos polo que nos propuxemos realizar este traballo de investigación é o inminente traslado da formación de intérpretes de LS á esfera universitaria, o que xustifica a importancia de converter esta actividade e a súa didáctica en obxecto de estudo e reflexión académica”, explica o doutor, intérprete e formador de intérpretes de lingua de signos, que con esta investigación tamén pretende contribuír á consolidación dos Estudos de Interpretación en España, “achegando o noso gran de area ao coñecemento e a reflexión tanto da súa práctica profesional como do seu proceso de ensino-aprendizaxe”.

Baixo a dirección de Inmaculada Báez, profesora do departamento de Lingua Española e coordinadora do Grupo de investigación de Lingua española e Linguas signadas, Griles, da Universidade de Vigo e da docente e investigadora do Departamento de Filología Inglesa y Alemana de la Universidad de La Laguna Carmen Toledano-Buendía, Rayco González dividiu o seu traballo en dúas partes: unha primeira teórica , centrada na descrición e conceptualización da interpretación da LSE como actividade tradutolóxica desde un enfoque comunicativo, así coma unha revisión dos principios teóricos das estratexias de intepretación para linguas orais e signadas e unha segunda, na que se presenta o estudo sobre o uso de estratexias de interpretación no ámbito da formación dos e das intérpretes, co obxectivo de analizar a súa correcta aprendizaxe e aplicación, e, en paralelo, o método de ensino das mesmas.

Publicidade

Máis información no seguinte enlace:

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=11149&Itemid=2

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Morre Koko, a gorila que aprendeu lingua de sinais

Este exemplar de gorila das chairas occidentais aprendeu máis de 1.000 sinais da linguaxe simplificada americana

As Xornadas Neurolingüísticas da UVigo reflexionan sobre linguaxe e cerebro

A incorporación da perspectiva neurolóxica á investigación lingüística e a elaboración...