Sábado 20 Abril 2024

Premio de innovación para o laboratorio de ‘Escherichia coli’ da USC

O Laboratorio de Referencia de Escherichia coli da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC acada o VI Premio Isabel Mínguez Tudela á Innovación en Sanidade Animal 2018, un galardón a través do que a Fundación VET+i Plataforma Tecnolóxica Española de Sanidade Animal distingue o mellor resultado transferible de I+D+i en sanidade animal, polo proxecto de desenvolvemento dunha vacina para previr diarreas en leitóns provocadas por cepas de E.coli.

O consello xestor da Fundación VET+i, o órgano encargado de fallar o certame a través do que a citada fundación pretende potenciar a colaboración público privada e a transferencia de tecnoloxía ao mercado, acordou distinguir co VI Premio Isabel Mínguez Tudela o proxecto ‘Vacina para a prevención das diarreas en leitóns provocadas por cepas Escherichia coli pertencentes a clons específicos e por Clostridium perfringens tipo C’, un estudo liderado polo catedrático do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC Jorge Blanco Álvarez e desenvolvido polos investigadores do Laboratorio de Referencia de Escherichia coli (LREC) da USC.

Publicidade

O proxecto premiado abordaba unha vacina para previr as diarreas de leitóns

O xurado encargado de emitir o fallo deste galardón tivo en conta á hora de avaliar as distintas candidaturas presentadas á sexta convocatoria deste premio o grao de colaboración público-privada entre o centro solicitante e as entidades privadas do sector á hora de desenvolver o proxecto, a súa orientación ao mercado, a capacidade de resolución das demandas sociais da proposta, a transferencia efectiva do resultado, o seu potencial de internacionalización e de apertura de mercados no exterior e a participación no grupo de investigadores mozos.

 A cerimonia de entrega do VI Premio Isabel Mínguez Tudela á Innovación en Sanidade Animal, un galardón de periodicidade bienal instaurado en 2011 e sen dotación económica algunha, desenvolverase o vindeiro 30 de maio en Madrid no marco da X Conferencia Anual da Fundación VET+i, coincidindo co décimo aniversario da súa creación.

O galardón, creado a xeito de homenaxe póstuma ao labor científico desenvolvido por Isabel Mínguez Tudela, recoñece o importante legado deixado pola que fora responsable da área de sanidade animal na Dirección Xeral de Investigación da Comisión Europea e, en particular, o seu decisivo apoio á creación das plataformas tecnolóxicas como parte dos instrumentos vertebradores de todos os axentes relacionados coa I+D+i en sanidade animal e como ferramentas catalizadoras da colaboración público privada e da transferencia de tecnoloxía cara o mercado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Un equipo galego usará IA para detectar contaminantes nas augas termais

Investigadores da UVigo lideran o proxecto Aquapred que predicirá a posibilidade de aparición de bacterias como a lexionela e a E. coli

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura

Os cubículos e corredores reducidos nas granxas de Lugo afectan a produción de leite

A tese de Sonia Verdes Gil conclúe que as superficies incómodas prexudican a saúde e a hixiene das vacas