Os doutorandos da USC gañadores no Congreso Galego de Estatística.

Os doutorandos da USC gañadores no Congreso Galego de Estatística.

Premio para dous doutorandos da USC no Congreso Galego de Estatística

Os doutorandos da USC Jorge Rodríguez Veiga e Isabel Borrajo García fixéronse cos premios ás mellores comunicacións presentadas no XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións que tivo lugar estes días en Ferrol organizado polo Departamento de Matemáticas da UDC e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO).

O premio á mellor comunicación aplicada foi para o traballo ‘Un modelo de programación matemática para a selección e asignación temporal de recursos aéreos destinados á contención dun incendio forestal’ de Jorge Rodríguez Veiga e da que son coautoras Balbina Virginia Casas Méndez e María José Ginzo Villamayor, tamén da USC. No traballo proponse un modelo de optimización matemática para seleccionar os recursos necesarios na extinción de incendios, así como a asignación das tarefas que as aeronaves realizarán en cada instante.

A mellor comunicación teórica foi a de María Isabel Borrajo García polo traballo ‘ Characterization of point processes with covariates through the first-order intensity function’ da que tamén son autores Wenceslao González Manteiga, da USC, e María Dolores Martínez Miranda, da Universidade de Granada. Na súa proposta proporciona dúas contribucións no ámbito da inferencia estatística en procesos puntuais: estimación e contraste da función de intensidade empregando covariables.

Tanto Rodríguez Veiga como Borrajo García son estudantes de doutoramento no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Facultade de Matemáticas da USC, baixo a dirección de Balbina Casas  e Wenceslao González e María Dolores Martínez. A cada unha das dúas comunicacións premiadas correspondeulles un premio en metálico de 500€.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.