David Mosquera (der) e o profesor Enrique Macías.

David Mosquera (der) e o profesor Enrique Macías.

Premio Arquímedes para un estudante de Matemáticas de Santiago

David Mosquera Lois acada este galardón por un traballos sobre topoloxía para analizar sistemas complexos

O alumno da Facultade de Matemáticas David Mosquera Lois fíxose con dous dos premios Arquímedes convocados polo Ministerio de Educación. Nesta vixésimo sexta edición, o estudante da USC acadou o segundo premio na Área de Ciencias Experimentais, Exactas e Ambientais –dotado con 5.000 euros– e un especial consistente nunha estancia de dúas semanas nun centro de investigación do CSIC.

Os Premios Arquímedes teñen como obxectivo fomentar o espírito investigador do alumnado universitario mediante a concesión de premios a traballos de investigación. Dos máis de 300 presentados, o xurado seleccionou 25 finalistas –entre eles David Mosquera– dos que saíron os gañadores nas catro ramas de coñecemento: Ciencias Experimentais, Enxeñaría, Ciencias Biomédicas e Ciencias Sociais e Humanidades.

David Mosquera concorreu co traballo de fin de máster ‘Integración con respecto á característica de Euler-Poincaré’ que lle dirixiu  o profesor Enrique Macías Virgós, do Departamento de Matemáticas da USC, na especialidade de ‘topoloxía alxebraica aplicada’. Nel investiga o uso de técnicas topolóxicas avanzadas para estudar problemas tan diversos como o reconto de persoas presentes nun momento dado nunha sala de aeroporto a través de cámaras, o número de ordenadores conectados a unha rede sen fíos, a detección de vehículos circulando por estradas ou o cálculo do número de réplicas dun terremoto. O traballo supón tamén un desenvolvemento teórico dalgunhas desas técnicas.

O estudante, que se mostrou “moi satisfeito” por ver “recoñecido o meu traballo de todo un ano”, realizou o grao e o Máster de Matemáticas na USC, e na actualidade está comezando o seu doutoramento.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.