Premio Amtega para unha aplicación para analizar o comportamento das persoas na rúa

Premio Amtega para unha aplicación para analizar o comportamento das persoas na rúa

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) concedeu esta tarde o premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre 2015 a Xoan Iago Suárez Canosa polo proxecto Aplicación web para a Análise do comportamento humano en zonas transitadas, aplicación que se encarga de detectar a todos aqueles obxectos ou persoas que aparecen nunha secuencia de vídeo, aplicando un algoritmo para medir o “grao de anormalidade” da súa conduta en base aos movementos que realizan. Este recoñecemento ten unha dotación económica de 1.500 euros achegada polo CIXUG ao abeiro do Convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

Ademais, concedeuse tamén un segundo premio a Pablo Grela Palleiro polo Sistema de xestión de asociados de CuacFM. Trátase dun sistema de xestión de socios que inclúe pagos a través de paypal, remesas bancarias conforme á norma SEPA, así como en efectivo. Tamén posúe un xestor de actividades tales como formación e programas. Este segundo premio conta cunha dotación económica de 750€ achegados pola Asociación GPUL, colaboradora da iniciativa ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa AMTEGA.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.