Premian unha tese sobre a regulación dos recursos hidrícos compartidos entre países

Premian unha tese sobre a regulación dos recursos hidrícos compartidos entre países

A investigadora do campus de Ourense Laura Movilla vén de recibir o I Premio Adolfo Miaja de la Muela á mellor tese de doutoramento en Dereito Internacional Público 2013/2015, concedido pola Asociación de Profesores de Dereito Internacional e Relacións Internacionais (Aepdiri). O seu traballo, presentado en xuño de 2014 e cualificado con sobresaínte cum laude, céntrase “no estudo da regulación dos recursos hídricos compartidos, prestando especial atención á dos acuíferos transfronteirizos, que a pesar de conter a maior cantidade de auga doce dispoñible pola humanidade teñen sido os grandes esquecidos tradicionalmente polo Dereito Internacional da Auga”, salienta a doutora.

O galardón, entregado a mediados de outubro na Universidade de Sevilla no marco das XXVI Xornadas Ordinarias da Aepdiri, foi recibido pola investigadora con satisfacción por ser a asociación que o concede unha “entidade con máis de 50 anos de antigüidade que conta con máis de 600 membros, profesores de Dereito Internacional Público, Dereito Internacional Privado e Relacións Internacionais, diplomáticos e xuíces internacionais”. É ademais un aliciente para continuar co seu traballo neste eido, estando na actualidade realizando unha estadía no Strathclyde Centre for Environmental Law and Governance da Universidade de Strathclyde, en Glasgow, Reino Unido, onde sigue investigando sobre Dereito Internacional da Auga e Dereito Internacional do Medio Ambiente.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.