Están destinados a distinguir a investigación, a transferencia, innovación educativa e divulgación no eido da auga.

Están destinados a distinguir a investigación, a transferencia, innovación educativa e divulgación no eido da auga.

O prazo de presentación aos premios do Campus da Auga remata o 31 de xullo

O 31 de xullo remata o prazo de presentación de candidaturas para a primeira edición dos Premios de Investigación, Innovación Educativa e Divulgación Científica do Campus da Auga. Os galardóns, dotados cun total de 3.600 euros, enmárcanse dentro da política de impulso e fomento da investigación, transferencia, innovación educativa e divulgación científica relacionada co motor estratéxico de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga.

O obxectivo destes premios, financiados por Viaqua Xestión Integral de Augas de Galicia, é recoñecer e estimular accións relevantes que contribúan a visibilizar e promocionar o Campus da Auga en Ourense, tanto no eido estatal como internacional. Segundo as características de cada modalidade, aos galardóns poderán optar persoal docente e investigador da Universidade de Vigo e alumnado matriculado nos cursos 2014/2015; 2015/2016 e 2016/2017 nesta institución académica.

As modalidades destes galardóns son: premios ao traballo fin de grao/traballo fin de mestrado máis destacado, 300 euros; premio de investigación a teses de doutoramento, 500 euros; premio de investigación á mellor contribución científica, 700 euros; premio ao mellor resultado de transferencia, 700 euros; premio de innovación educativa relacionada con estudos de grao ou posgrao, 700 euros; e premio a accións ou actividades de divulgación científica, 700 euros.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.