Encoro_do_con

Portas abertas na Estación Hidrobiolóxica Encoro do Con no Día Mundial da Migración dos Peixes

Con motivo do Día Mundial da Migración dos Peixes, a Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC organizará este sábado 21 unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a súas instalacións, material de toma de mostras e de laboratorio, ademais de expoñer diversos paneis sobre as especies máis ameazadas de Galicia. A xornada estenderase entre as 10.00 e as 14.00 horas, cunha charla divulgativa ás 12.00 horas sobre bioloxía, ecoloxía e estado de conservación das poboacións de peixes migradores en Galicia. No plano internacional está previsto que participen 1.500 organizacións con máis de 400 actividades en todo o mundo.

O día Mundial da Migración de Peixes (WFMD, pola súa denominación internacional World Fish Migration Day) ten como lema este ano ‘Conectando peixes, ríos e persoas’. É unha celebración global encamiñada a mellorar a comprensión pública sobre as necesidades dos peixes migradores, para que a sociedade garanta que as redes fluviais naturais permanezan conectadas e se avogue por restaurar as fragmentadas.

O lema deste ano é ‘Conectando peixes, ríos e persoas’

Como explican dende a Estación de Hidrobioloxía da USC, ao longo da historia os ríos sufriron modificacións con impactos de elevado custe ambiental e coa conseguinte degradación, xa sexa polo deterioro da calidade da auga, a alteración do réxime de caudais ou a destrución e fragmentación do hábitat. Esta situación supuxo o declive de poboacións dos peixes que os habitaban. Neste senso, a construción de barreiras transversais converteuse nun dos impactos máis negativos, pois ten un efecto directo sobre os movementos migratorios dos peixes, impedíndolles moverse libremente para completar os seus ciclos reprodutivos, acceder a zonas de alimentos ou simplemente desprazarse. O efecto da fragmentación fluvial déixase notar especialmente nas especies que necesitan migrar ao mar ou a tramos altos para completar o seu ciclo vital, de xeito que se ten posto en perigo a súa supervivencia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.