Venres 29 Marzo 2024

Pilar Bermejo, nova presidenta da Conferencia Española de Decanatos de Química

A profesora da USC e decana da Facultade de Química da USC acaba de ser elixida presidenta da Conferencia Española de Decanos e Decanas de Química. A decisión tomouse nunha reunión celebrada na Universidade Complutense de Madrid.

Catedrática de Química Analítica dende 1991, Pilar Bermejo desenvolve o seu labor docente na USC dende 1978. Foi vicedecana da Facultade de Química entre 1980 e 1990 e dirixiu o Departamento de Química Analítica entre 1998 e 2006. En 2014 converteuse na primeira muller decana do centro compostelán.

Publicidade

Ademais, coordinou o programa piloto ECTS na área de Química entre 1990 e 1996 e a rede ECTN (European Chemistry Thematic Network) participando no intercambio de máis dun centenar de estudantes entre diferentes universidades europeas e de Estados Unidos e Canadá, nestes últimos países a través do programa TASSEP.

En 2014 converteuse na primeira muller decana do centro compostelán 

Pertence a numerosas sociedades científicas, como a Real Sociedade Española de Química, a Sociedade Española de Química Analítica, a Sociedade de Espectroscopía Aplicada ou a Sociedade Española de Bioquímica Clínica e Patoloxía Molecular. Ademais é fellow da Royal Chemistry Society (UK), da American Chemical Society (USA) e da Federation European of Trace Elements and Minerals. 

Dirixe o grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación da USC dedicado ao desenvolvemento de metodoloxía analítica para o estudo dos elementos traza en medios biolóxicos e ambientais, estudos de especiación, metalómica e metaloproteómica, así como de biodispoñibilidade. Nestas liñas publicou mais de 300 traballos de investigación, dirixiu 30 teses de doutoramento e máis de 25 proxectos de investigación, así como diferentes contratos con empresas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos