Xoves 18 Abril 2024

Peregrina Quintela, reelixida como presidenta da Rede Española Matemática-Industria

A catedrática de Matemática Aplicada da USC e directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), Peregrina Quintela, acaba de ser reelixida presidenta da Rede Española Matemática Industria (math-in) por outros catro anos. Esta entidade ten como obxectivo fomentar a transferencia de coñecemento e tecnoloxía matemática á industria, e está formada por 418 investigadores de 17 universidades e 2 centros de investigación españois.

Peregrina Quintela, que recibiu en 2016 o premio María Wonenburger, estará acompañada na xunta directiva por Carlos Parés, catedrático de Matemática Aplicada da Universidade de Málaga, como vicepresidente; María Luisa Rapún, profesora titular da Politécnica de Madrid, como secretaria, e Mikel Lezaun, catedrático de Matemática Aplicada da UPV/EHU, como tesoureiro. Na xunta directiva tamén participa o profesor do Departamento de Matemática Aplicada da USC, José Luis Ferrín.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Coidar a saúde e o medio ambiente: dúas razóns para incluír pescado azul na nosa dieta

A nivel mundial, el consumo anual per cápita de peixe nos últimos 50 años case se duplicou, cun crecemento exponencial en países como China