Pedro Vieites. Fonte: Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

Pedro Vieites. Fonte: Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

Un mozo compostelán estará na Olimpiada Iberoamericana de Bioloxía

Pedro Vieites, do IES Rosalía de Castro, participará no certame que se celebrará en Loja (Ecuador) entre o 9 e o 15 de setembro

Galicia terá un representante na XII Olimpiada Iberoamericana de Bioloxía, que se vai celebrar en Loja (Ecuador) entre o 9 e o 15 de setembro deste ano. Será Pedro Vieites Pérez, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

Pedro participou a pasada fin de semana na Fase Nacional da Olimpiada Española de Bioloxía, que se celebrou en Badajoz. E foi un dos gañadores do certame. Xunto a el estiveron Matthew Jones Vaqueiro, do colexio Montecastelo de Vigo, e Javier Pérez Martínez, do IES Otero Pedrayo de Ourense quenes, xunto a Pedro, participaran anteriormente na fase autonómica da Olimpiada.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.