Mª do Carmen Fernández Carreira, presidenta de Ovica.

Mª do Carmen Fernández Carreira, presidenta de Ovica.

Ovica recibe o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) recibiu este venres o XVII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado polo grupo empresarial Aresa e a USC, que nesta súa décimo sétima edición fai fincapé no gran labor de Ovica á hora de loitar contra o despoboamento do rural, ademais de incidir no feito de que a produción de carne de ovino e de caprino desenvolvida polos criadores agromados en Ovica responde a un proceso que permite tanto o aproveitamento de recursos naturais como a conservación de espazos naturais.

Público asistente á entrega dos premios Aresa.

Público asistente á entrega dos premios Aresa.

A presidenta de Ovica, María do Carmen Fernández Carreira, foi a encargada de recoller o galardón, dotado con 10.000 euros en metálico e placa conmemorativa, no transcurso dunha cerimonia presidida polo reitor da USC, Juan Viaño, e o fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras. O profesor de Economía Agraria na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC Francisco Sineiro ofreceu nesta sesión o relatorio ‘O sector lácteo galego no mercado global’.

A actividade sostida de Ovica nun entorno de especial significado para Galicia, nun sector difícil como é a cría e explotación do gando ovino e caprino, a implicación da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia en proxectos e accións de I+D+i, constitúen algúns dos elementos valorados polo xurado do XVII Premio Aresa, que co seu fallo tamén recoñece o traballo de Ovica, “unha asociación que medrou confiando nos recursos da terra”, sinalou Viaño.

O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural é un galardón cun recoñecido prestixio no sector e en cuxo palmarés figuran Novafrigsa (2000), o catedrático da USC Javier Guitián Rivera (2001), a Aula de Produtos Lácteos  da USC(2002), o exdirector xeral de Agricultura da Comisión Europea José Manuel Silva (2003), a IXP Ternera Gallega (2004), o programa da Televisión de Galicia ‘O Agro-Labranza’ (2005), a DO Ribeira Sacra (2006), a queixería Casa Macán (2007), a Facultade de Veterinaria de Lugo (2008), Ingapan (2009), Acruga (2010), a SAT Monte de Trabada (2011), Champivil (2012), Alibós Galicia (2013), a DO Queixo San Simón da Costa (2014) e Agroamb (2015).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.