Os veterinarios esixen que a vacina contra a rabia sexa obrigatoria
Os veterinarios galegos quixeron denunciar a relaxación da administración na sanidade animal e fixérono nunha reunión, convocada polo Consello Galego de Colexios Veterinarios, á que asistiron cincocentos profesionais. Subscribiron un manifesto no que demandan compromisos claros, como que se decrete a obrigatoriedade da vacina antirrábica en Galicia para cans, gatos e hurones.