Cartel informativo da sesión deste xoves.

Cartel informativo da sesión deste xoves.

Os mapaches, a velutina ou a couza da pataca, nos Encontros do Campus Terra

A cafetería da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC acolle este xoves 16, ás 20.00 horas, unha nova sesión do ciclo Encontros de Xoves de Lúa Chea que se desenvolverá baixo o título ‘Pragas e patóxenos exóticos: un risco crecente?’. Nesta ocasión, a sesión levará por título “Pragas e patóxenos: un risco crecente?”. Nela abordaranse a introdución nos ecosistemas galegos de plantas ou animais alleos, como os mapaches, a cortadeira, a avespa asiática, o xacinto de auga, os sapoconchos americanos ou a couza guatemalteca da pataca.

Intervirán como relatores os profesores da EPS Cristina Cabaleiro Sobrino, da área de Produción Vexetal da USC, e Xan Neira Seijo, do Departamento de Enxeñaría Agroforestal. Antes de dar paso ás intervencións abertas, o profesor da área de Produción Vexetal Benigno Ruiz Nogueiras actuará como moderador do acto.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.