Venres 19 Abril 2024

O uso de drons e satélites na agricultura e gandaría, a debate no Campus Terra da USC

O Campus Terra da USC acollerá os próximos 21,22 e 23 de febreiro o III Simposio Nacional e I Ibérico de Enxeñaría Hortícola, dedicado nesta edición ao uso de drons e satélites en agricultura e organizado polo Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, en colaboración coa Sociedade Española de Ciencias Hortícolas (SECH).

O evento acubillará na EPSE distintos relatorios nos que especialistas na materia, abordarán os aspectos innovadores do uso destas ferramentas, tanto na agricultura, como na gandaría. Na primeira das xornadas, realizarase unha presentación dos avances levados a cabo polo ‘Polo de Innovación Dixital no Sector Agroalimentario’, por parte do xestor de Innovación e Transferencia do Campus Terra, José Roberto Lamas Pérez, e Marcos Pérez, en representación do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant). Os relatorios “Futuro da agricultura de precisión”, a cargo de Ricardo Braga do ISA-Lisboa; “O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) como Organismo Público de Investigación”, de Bartolomé Marqués Balaguer, subdirector de Sistemas Aeronaúticos do INTA; e “As ICTS e o CIAR”, a cargo das técnicas do proxecto Ciar, Ana Corrales e Neves Seoane, completarán as intervencións desta primeira xornada que se culminará cunha recepción no Concello de Lugo.

Publicidade

Na segunda xornada, celebraranse varios obradoiros técnicos, impartidos por persoal especializado de empresas privadas e investigadores que facilitarán o achegamento dos asistentes aos produtos que actualmente se atopan no mercado noutras zonas fóra de Galicia. Ademais os relatorios “Aplicacións de drons e satélites na xestión de cultivos en clima árido”, a cargo de Diego Intrigliolo (CEBAS-CSIC); e “Avances en gandería de precisión e smart  farming:  o  futuro   faise presente” de Jesús Pomar da Universidade de Lleida completarán a quenda de mañá. Xa pola tarde, María  Jesús  Gutiérrez  de  la  Cámara, abordará a teledetección no INTA, onde dirixe o Departamento de Observación da Terra e a Atmosfera; e Jean Charles Samalens de Telespazio analizará os avances máis recentes dos satélites na agricultura de precisión. Ademais, celebrarase tamén en quenda de tarde, unha mesa redonda, liderada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) en relación co futuro dos drons e satélites na agricultura’, na que se persegue por sobre a mesa os criterios para un uso futuro destas ferramentas.

Como peche do simposio, na derradeira xornada realizarase unha visita técnica as instalacións da Granxa de Recría Gayoso Castro, xestionada pola Deputación Provincial de Lugo, e situada no concello de Castro de Rei; así como ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial-INTA.

1 comentario

  1. A utilización de VANTs (vehículos aéreos non tripulados) no eido agropecuario vai ir en aumento imparable mente. É moi interesante e peculiar o proxecto Ixorigué para gando de alta montaña. Coido que tería moitas aplicacións en Galicia. Desde Drontec Ibérica e desde o COETelecomunicación póñome ao dispor da organización do simposio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura