Cogami e Obra Social la Caixa apoian esta primeira edición do proxecto.

Cogami e Obra Social la Caixa apoian esta primeira edición do proxecto.

O proxecto Mentoring Inclusivo busca a inserción laboral dos alumnos con discapacidade

A USC desenvolve ata finais deste ano a primeira edición do proxecto Mentoring Inclusivo co obxectivo de poñer en contacto estudantado de máster e último ano de grao que teña acreditada a súa condición de discapacidade con directivos de empresa e profesionais co fin de que poidan orientalos e apoialos na busca de emprego e no desenvolvemento da súa carreira profesional.

O reitor Juan Viaño, xunto co director territorial de CaixaBank en Galicia, Marc Benhamou, e o conselleiro delegado de Galega de Economía Social (GES) e vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo, presentaron as particularidades deste programa nun encontro cos medios de comunicación. Na presentación tamén participaron a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez, e o coordinador do Servizo de Participación e Integración Universitaria, Javier Agrafojo.

Mentoring Inclusivo xa está en desenvolvemento coa participación de catro alumnos/as dos graos de Lingua e literatura españolas, Filosofía e Xornalismo e do Máster de Profesorado. Esta proposta apoiada por ‘la Caixa’ e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) permitirá o acceso de persoas con estudos superior que teñan acreditada algún tipo de discapacidade a cadros directivos de empresas e así ampliará as posibilidades de empregabilidade destes profesionais.

“O proxecto non sería posible sen a labor la Obra Social La Caixa” destaca Viaño

O reitor compostelán sinalou que a través de Mentoring Inclusivo “queremos impulsar a intermediación laboral e combinar de forma óptima e eficiente as necesidades do tecido educativo, social e empresarial para asegurar o éxito na integración laboral”. Como engadiu Juan Viaño non se trata de formar un grupo específico de mentores e empresas “senón de buscar a forma de traballar con aqueles profesionais e entidades máis sensibilizados en temas de inclusión”. En conxunto é unha iniciativa que reforza as accións destinadas á participación de todo o estudantado da USC segundo as súas capacidades e competencias.

Como sinalou Viaño, este proxecto “non sería posible sen a colaboración da Obra Social la Caixa que se mostrou disposta a asumir os apoios necesarios e facilitou o inicio dunha nova liña de traballo para facer un traballo personalizado cun grupo de futuros egresados que, por diferentes circunstancias, pode ter maiores dificultades para a súa empregabilidade”. Na mesma liña, o reitor destacou como socio fundamental COGAMI e particularmente o seu grupo empresaria Galega de Economía Social que engloba un amplo abano de empresas. Na actualidade, distintos profesionais de COINCO, DIXARDIN, GRAFINCO, TRAMEVE, Hornos Lamastelle e outras empresas do grupo forman parte do equipo de mentores que darán apoio o estudantado con necesidades educativas específicas, derivadas dunha condición de discapacidade.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.