andina1

O profesor da UVigo Rodríguez-Andina, vicepresidente da Industrial Electronics Society

Juan Jose Rodríguez-Andina, profesor do Departamento de Tecnoloxía Electrónica, leva dende 2013 á fronte da IEEE Industrial Electronics Magazine, unha das revistas de maior impacto a nivel mundial no eido da Enxeñaría Eléctrica e Electrónica. Despois de tres anos como editor xefe, en xaneiro deixará este posto pero asumirá un novo reto, ser vicepresidente para Conference Activities da IEEE Industrial Electronics Society. O docente da Escola de Enxeñería Industrial explica que o IEEE (Institute of Electrical and Electronic Engineers) é a maior asociación profesional tecnolóxica mundial, con máis de 400.000 membros repartidos por todo o mundo, unha entidade sen ánimo de lucro que ten como lema Advancing Technology for Humanity. Os intereses profesionais dos membros abranguen un moi amplo espectro de áreas técnicas, como enxeñaría eléctrica e electrónica, tecnoloxías da información, ciencias da computación ou intelixencia artificial, entre outras, motivo polo que o IEEE se estrutura en “sociedades” centradas en campos específicos. Unha de elas é a IEEE Industrial Electronics Society (IES), da que Rodríguez-Andina será vicepresidente nos vindeiros tres anos.

Esta sectorial organiza e promove actividades relacionadas coa aplicación dos sistemas de control intelixentes, robótica, comunicacións industriais e automatización da produción, adquisición e procesado de sinais eléctricas, sistemas dixitais avanzados ou electrónica de potencia. Dentro destas actividades inclúese a publicación de revistas especializadas, que se atopan nos primeiros postos nos ránkings internacionais de calidade, e a organización cada ano de tres congresos mundiais de amplo espectro e outros de temas específicos. Lembra o docente que “o maior evento mundial de Electrónica Industrial en 2007 foi a edición de ISIE celebrada en Vigo”, da que el foi coordinador. Paralelamente, IES promove actividades educativas, entre elas o curso de verán que se está a organizar para 2016 de forma conxunta entre a Escola de Enxeñería Industrial de Vigo e North Carolina State University.

Máis información no seguinte enlace:

O profesor Rodríguez-Andina, nomeado vicepresidente da IEEE Industrial Electronics Society

A sociedade forma parte da maior asociación profesional tecnolóxica mundial, con 400.000 membros Ata agora era editor xefe dunha das revistas de maior impacto mundial en enxeñaría eléctrica e electrónica Juan Jose Rodríguez-Andina, profesor do Departamento de Tecnoloxía Electrónica, leva dende 2013 á fronte da IEEE Industrial Electronics Magazine, unha das revistas de maior impacto a nivel mundial no eido da Enxeñaría Eléctrica e Electrónica.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.