Mércores 24 Abril 2024

O economista da UVigo Carlos Gradín incorpórase a unha investigación na Universidade da ONU

Durante un ano o profesor do Departamento de Economía Aplicada Carlos Gradín cambiará Vigo por Helsinki para desenvolver os seus proxectos centrados na análise da pobreza e das desigualdades. O investigador da agrupación estratéxica Ecobas foi seleccionado para unha estadía no UNU-Wider, Universidade das Nacións Unidas-Word Institute for Development Economics Research, que ten a súa sede na capital finesa. Este é o primeiro centro de investigación posto en marcha pola universidade da ONU hai máis de 30 anos, cando iniciou a súa andaina da man de Amartya Sen, premio Nobel de Economía en 1998 polas súas achegas ao estudo da pobreza e a desigualdade.

Durante a súa estadía en Helsinki, Gradín continuará coas súas liñas de investigación acordes coas liñas estratéxicas deste centro de I+D que se basean no estudo das desigualdades e discriminacións entre grupos de poboación. Neste sentido, Gradín explica que o UNU-Wider funciona tamén unha axencia ONU e como think tank sobre políticas de desenvolvemento, realizando labores de análise e asesoramento en políticas económicas encamiñadas a un crecemento sostible e equitativo.

Publicidade

O programa actual de traballo UNU-Wider céntrase en tres eixos interrelacionados, por unha banda, os cambios estruturais que posibilitan o crecemento económico (transformación); por outro, a análise das desigualdades e o papel distributivo das políticas públicas (inclusión); e, finalmente, as políticas enerxéticas e o cambio climático (sustentabilidade). Ademais, remarca o docente vigués, “xestionan diversas bases de datos de relevancia para o estudo deses temas, como o World Income Inequality Database (WIID) que se está a converter nunha referencia para a análise das desigualdades a nivel global”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos