Xoves 28 Marzo 2024

O Premio Aresa recoñece á Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia

O xurado do XVII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un certame promovido de xeito continuado desde o ano 2000 polo grupo empresarial de subministros agrogandeiros Aresa en colaboración coa USC, acordou distinguir con este galardón, dotado con 10.000 euros, a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica).

A candidatura gañadora resultou escollida entre un total de 15 propostas presentadas, logo de que os integrantes do xurado, presidido polo reitor da USC, Juan Viaño, examinaran a documentación recibida e tralas oportunas deliberacións ao respecto. O presidente do grupo empresarial Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, o conselleiro delegado de Calfensa Proxectos, José Ramón Panete Fernández; o vicerreitor de Innovación e Transferencia da Universidade de Córdoba e membro da comisión asesora externa do Campus Terra, Enrique Quesada Moraga, e o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, tamén formaron parte do tribunal encargado de xulgar as candidaturas presentadas ao XVII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. A cerimonia de entrega deste galardón terá lugar previsiblemente o vindeiro 3 de febreiro de 2017 na Facultade de Veterinaria de Lugo, tal e como adiantou Álvaro Rodríguez Eiras.

Publicidade

A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) fundouse en 1994 por trece gandeiros que confiaban nas posibilidades do sector. Deste xeito foi a primeira e única asociación que logra agrupar a produtores de gando ovino e caprino, tanto de carne coma de leite no conxunto de Galicia. Na actualidade, Ovica, que ten ten maior implantación nas provincias de Lugo e Ourense, conta cun gran numero de asociados/as que representan un importante volume produtivo o que dá boa conta da relevancia e representatividade da asociación nun sector cun grande potencial en Galicia.

Hoxe están asociadas a OVICA un gran número de explotacións de ovino e caprino de toda Galicia, con mais de 45.000 cabezas reprodutoras, que representan arredor do 20% do total do censo de ovino e caprino galego, e mais da metade de todas as explotacións galegas con mais de 100 animais, cifras que dan boa conta da representatividade da Asociación neste sector.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura