O polo aeronáutico de Rozas investigará en avións non tripulados para incendios e emerxencias

O polo aeronáutico de Rozas investigará en avións non tripulados para incendios e emerxencias

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe no Parlamento que “non cabe ningunha dúbida do uso civil do polo industrial e tecnolóxico” que o Goberno galego está a impulsar en Rozas (Lugo), que suma un investimento de 55 millóns para “crear unha nova industria en Lugo e xerar postos de traballo” mediante a tecnoloxía vinculada ao desenvolvemento de avións non tripulados de uso civil.

“Trátase dunha aposta clara e sen fisuras pola investigación aplicada á mellora dos servizos públicos estratéxicos”, incidiu Conde, quen salientou a oportunidade que supón este proxecto para Galicia, entre as que citou a prevención e extinción de incendios, a xestión máis eficiente dos recursos naturais e alimentarios, o inventariado e a xestión intelixente do territorio e do patrimonio, o salvamento marítimo ou a atención de emerxencias.

“O Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas – CIAR dedícase en exclusiva a actividades de I+D+i de aeronaves non tripuladas para o uso civil e á certificación destas aeronaves”, lembrou o conselleiro, quen subliñou que este compromiso se recolle no propio convenio asinado co INTA e publicado no BOE, e na parte de fondos FEDER destinados a iniciativa e que implican a súa aplicación ao ámbito civil.

Sobre esta base, o conselleiro avogou pola “unidade de acción de todos” de cara a impulsar a realización do proxecto. Unha iniciativa que, no marco da Estratexia de Especialización Intelixente – RIS3, aspira a desenvolver a industria aeronáutica en Galicia. Este polo, proseguiu, busca “fixar industria e emprego no interior de Lugo con nodos en todo o territorio, e facer do aeronáutico galego un sector á altura da automoción ou o naval”.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.