Xoves 25 Abril 2024

Un pediatra sirio doutórase en Santiago co programa ‘Erasmus Peace’

A USC lidera a formación a formación de doutores de Oriente Próximo en Europa a través do programa Eramus Mundus Peace 2, logo de que o médico sirio especializado en Pediatría Ayham Alshweki, que realizou a súa formación e investigación de doutoramento no marco do programa, presentara a súa tese de doutoramento na Facultade de Medicina da USC e se convertera así no primeiro investigador de Oriente Próximo que completa a súa formación como doutor en Europa ao abeiro desta iniciativa.

O Erasmus Mundus Peace 2 é unha unha iniciativa da Unión Europea de cooperación e mobilidade no ámbito do ensino superior que está coordinada en España pola USC, que é a única universidade implicada. No marco deste programa internacional, que tamén contempla entre os seus obxectivos a promoción do diálogo e o entendemento entre persoas e culturas a través da mobilidade e a cooperación académica e que inclúe medidas orientadas a potenciar o atractivo de Europa como destino educativo e centro de excelencia a nivel mundial, xurdiu Erasmus Mundus Action 2 Lot Peace 2.

Publicidade

É o primeiro investigador de Oriente Próximo que se doutora en Europa con este programa

Este consorcio internacional, que coordina en España a USC a través da súa Vicerreitoría de Internacionalización, conta entre os seus participantes con 20 universidades europeas e de Oriente Próximo. Así, están representadas neste programa dez universidades de Alemaña, Bélxica, Chequia, Eslovaquia, España, Francia, Portugal, Reino Unido e Suecia, así como outras dez institucións académicas de Xordania, Palestina, Líbano e Siria.

Os neonatos prematuros alimentados durante a lactancia con leite enriquecido con ácido araquidónico (Omega 6) presentan un mellor desenvolvemento psicomotor que os doutros grupos, segundo conclúe a tese de doutoramento que vén de defender na Facultade de Medicina da USC o pediatra sirio Ayham Alshweki baixo o título ‘Studying of lipid profile in very prerterm infants and the effects of different omega-6/omega-3 ratio supplementation’.

Esta investigación de doutoramento, desenvolvida nas unidades de investigación do Servizo de Neonatoloxía do Hospital Clínico Universitario e do Departamento de Pediatría da USC baixo a dirección dos profesores Mª Luz Couce Pico, Alejandro Pérez Muñuzuri, María Rosaura Leis Trabazo e José María Fraga, estuda a influencia da alimentación durante os primeiros meses de vida nos neonatos/as nacidos/as moi precozmente, en especial no que atinxe ao seu desenvolvemento mental, así como a importancia da composición dos lípidos dos leites de fórmula e a súa incidencia no desenvolvemento global destes nenos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As ondas sísmicas dos terremotos de Turquía e Siria detectáronse na península

Unha animación resume o movemento dos dous potentes sismos, que xa deixan máis de 2.300 mortos nos países afectados

Un estudo vincula partos prematuros en Galicia coa mala calidade do aire

A investigación do Instituto de Saúde Carlos III salienta o problema nos días de maior combustión de biomasa, po sahariano e ozono troposférico

Premio para unha Erasmus de Enxeñaría da UVigo en Alemaña

Eva Castro Rodiño, estudante da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da...

Case mil docentes da UVigo participaron no programa Erasmus+ dende 2001

A mobilidade internacional non é patrimonio exclusivo do alumnado universitario e...