Oso pardo nos Ancares

Oso pardo nos Ancares

O oso do Courel non descende do prehistórico

Unha tese doutoral presentada onte na Universidade da Coruña e asinada pola paleontóloga Ana García revela que as poboacións modernas de oso pardo do Courel e de Asturias non descenden xeneticamente dos que habitaron a mesma zona no Pleistoceno e logo da última glaciación. Así o indican investigacións que nos últimos anos fan pensar que o ADN mitocondrial dos osos prehistóricos galegos e asturianos desapareceu. Aínda que é posible que nalgunha parte queden descendentes vivos destes animais, polo momento non se deu con eles e todo apunta a que estas poboacións antigas, moi similares aos grizzlies norteamericanos, se extinguiron na etapa máis fría da última glaciación.

Os osos modernos da área cantábrica tampouco proceden das migracións procedentes da actual Francia, que colonizaron a zona logo da glaciación e desapareceron pola presión humana e a caza. As poboacións actuais son posiblemente descendentes de recolonizacións de animais procedentes de Portugal, conclúe o estudo.

Máis información no seguinte enlace:

No Title

No Description

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.