A nova NerdNite será o martes 13, ás 21.30 horas.

A nova NerdNite será o martes 13, ás 21.30 horas.

O corpo humano, a factura da luz e Tolkien, nunha nova NerdNite en Compostela

O Casino de Santiago acollerá este martes 13 de marzo unha nova edición das microcharlas científicas

O café Casino de Santiago acollerá o vindeiro martes 13 unha nova sesión das NerdNites SCQ, unha iniciativa de divulgación de microcharlas sobre ciencia en espazos lúdicos.

Nesta ocasión, ás 21.30 horas contará coa participación do director do grupo de células nai en cancro e envellecemento do Idis, Manuel Collado, que impartirá a charla ‘Como se fai un corpo humano?’; o profesor do Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC, José María Miranda, con ‘ Tolkien e o Dereito’; e o doutorando do Departamento de Economía Aplicada da USC, Adrián Dios, con ‘Descifrando un gran misterio do noso tempo: a factura da luz’.

nerdnite 95959

 

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.