O MUNCYT da Coruña acolle unha mostra dos mellores traballos de ilustración científica
A sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía acolle ata o 30 de decembro de 2015, a exposición ‘Ilustraciencia’, que amosa as 40 ilustracións seleccionadas na terceira edición do certame internacional de ilustración científica do mesmo nome. Ilustraciencia está organizado pola Asociación Catalá de Comunicación Científica (ACCC) e conta coa participación da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), a través da súa Convocatoria de Axudas para o fomento da cultura científica e da innovación. O pasado mes de xuño falláronse os gañadores e anunciáronse estas 40 ilustracións como as seleccionadas para constituír a exposición itinerante que será acollida por diversas cidades españolas e que formarán parte do catálogo virtual.
Máis información no seguinte enlace: