Martes 16 Abril 2024

O Materno Infantil da Coruña participa nun estudo para medir a dor nos bebés

O Materno Infantil da Coruña participa nun estudo para medir a dor nos bebés

Os bebés prematuros que reciben coidados intensivos están expostos a unha gran cantidade de dor e esta dor provoca danos no neno, pero a metade deles non recibirá ningún alivio da dor, segundo un novo estudo europeo publicado na revista ‘The Lancet Respiratory Medicine’.
O hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña participa no estudo internacional no que participan 243 unidades de neonatoloxía de hospitais europeos, 30 delas en España, sobre case sete mil bebés. Ata os anos 80, pensábase que os recén nados case non experimentaban a dor. E aínda hoxe non é común avaliar este factor: “Isto significa que ninguén avalía se o bebé está a experimentar dor ou a cantidade de alivio da dor que necesita o neno”, segundo afirma Mats Eriksson, investigador da Universidade de Örebro, en Suecia, e un dos coordinadores do estudo.
Os bebés prematuros son sensibles á dor porque o seu cerebro e sistema nervioso aínda están en desenvolvemento. Pero non é correcto administrar o alivio da dor ou a sedación simplemente por precaución, xa que o alivio da dor no momento equivocado tamén provocará danos.
Na Coruña, o médico Alejandro Ávila é o único investigador español que asina a sús colaboración no estudo publicado en The Lancet. «Durante moitos anos a dor nos bebés foi infratratada, e ata os anos 80 moitos pensaban que os neonatos no tiñan dor”.
Pode ampliarse a información no seguinte enlace:

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España