Instituto de Ciencias Forenses da USC

Instituto de Ciencias Forenses da USC

O laboratorio de Toxicoloxía Forense da USC, líder en España na identificación de 21 drogas

O Servizo de Toxicoloxía Forense do Instituto de Ciencias Forenses ‘Luis Concheiro’ acaba de recibir a acreditación do seu laboratorio conforme á norma ISO 17025 para a análise cualitativa e cuantitativa de ata 21 compostos -entre drogas ilícitas e fármacos de uso habitual- tanto en fluído oral, como sangue a plasma. Concedida pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), esta acreditación certifica concretamente o proceso de cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas en tándem realizado polo Servizo de Toxicoloxía da USC.

Deste xeito e como explica o catedrático de Toxicoloxía Manuel López Rivadulla, o da Universidade de Santiago é o único laboratorio de España que realiza análise cuantitativa e cualitativa deste espectro de compostos. Concretamente a acreditación certifica do laboratorio “identifica, confirma e cuantifica niveles dunha serie de compostos con precisión e sensibilidade adecuada”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.