Coloqui_PEMAN_logos

O investigador de Berkeley Ramón Grosfoguel fala en Santiago da decolonización

O investigador da Universidade de Berkeley (EE.UU.) Ramón Grosfoguel participa esta tarde, a partir das 19.00 horas, na Zona C no coloquio ‘Unha ollada ao decolonialismo. Cara a outras relacións Sur-Norte’ que organiza o Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) Ruralidades, Feminismos e Comúns. Un espazo crítico de pensamento e acción impulsado pola USC a través do grupo de investigación Histagra, os sete grupos da rede REVOLTA e o colectivo Montenoso.

A teoría decolonial, da que Ramón Grosfoguel é un recoñecido investigador, considera  que os efectos do colonialismo europeo non cesaron cos procesos de descolonización e e independencia nacional nos séculos XIX e XX, persistindo na cultura e nas formas de pensar. Para reverter o proceso, o profesor da Universidade de Berkeley propón un xiro decolonial que deconstrúa as visións universalistas do coñecemento, partindo dun pluralismo epistemolóxico onde teñan cabida diferentes formas de ver/entender o mundo.

O debate, aberto á participación de calquera persoa interesada, proponse como punto de partida do Programa de Estudos en Man Común, co obxectivo de repensar a relación de Galicia no mundo e da necesidade de acercarse a outros procesos de reivindicación deses pluralismos epistemolóxicos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.