Xoves 28 Marzo 2024

O investigador da Uvigo Castor Guisande, nomeado profesor honorario en Colombia

Tras 16 anos de colaboración, a Universidad Nacional de Colombia vén de recoñecer ao docente e investigador da Universidade de Vigo Cástor Guisande nomeándoo profesor honorario. “Sinceramente síntese un moi honrado por recibir unha distinción deste tipo de calquera universidade, pero ao ser a Nacional a universidade pública máis importante de Colombia e unha da máis prestixiosas de sudamérica, pois fai que a distinción sexa un pouco máis especial. Síntese como un recoñecemento a toda a túa traxectoria laboral”, explica Guisande en relación con este nomeamento co que a institución recoñece a persoas que destacan en investigación e contribúen ao desenvolvemento da universidade con iniciativas para a formación de docentes e estudantes.

Castor Guisande

A organización de obradoiros de presentación de Isharkfin, o software para identificar tiburóns polas aletas e detectar a pesca de especies ilegais, deseñado polo profesor do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal para a FAO e coa colaboración de CITES (Convención sobre comercio internacional de especies ameazadas de fauna silvestre e flora) ou participación nas actividades do Mes da Investigación son algunhas das actividades desenvolvidas por Guisande ao longo destes anos en colaboración coa institución colombiana. Neste intre, o investigador da Universidade de Vigo encárgase de impartir o curso Modelo de distribución de especies usando o software ModestR e RWizard, dirixido a profesionais, docentes, persoal investigador e alumnado de posgrao. “Colaboro con moitas universidades e institucións e no caso concreto da Universidad Nacional de Colombia comecei a colaborar con eles a principios do ano 2000 na súa sede do Amazonas en proxectos, cursos, asesorías a profesores e estudantes, etc. Logo, comecei a colaborar noutras sedes, ata a actualidade que continúo a colaborar con moitos profesores de diferentes sedes en moi diversos temas”, detalla Guisande.

Publicidade

Creada en 1867, a Universidad Nacional de Colombia conta na actualidade con oito sedes: Amazonia, Caribe, Bogotá, Manizales, Medellín, Orinoquia, Palmira e Tumaco. Ademais de ser a institución do país con maior número de estudantes, preto de 50.000, tamén é a que xera a maior produción científica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Un método estatístico permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

O estudo, no que colabora a Universidade de Vigo, axudaría a identificar mutacións con incidencia en enfermidades como o cancro

“O ingreso de mulleres nas carreiras de enxeñería está en declive”

Soledad Torres Guijarro, profesora na UVigo, investiga na actualidade a contaminación acústica nos ecosistemas submarinos e como reducila