Fañanás

O investigador da USC Martín Fañanás, premiado pola Sociedade Española de Química

A Real Sociedade Española de Química (RSEQ) recoñece o investigador Ramón y Cajal da USC Martín Fañanás cun dos seus premios anuais na categoría de novos investigadores, que recoñece de maneira preferente as traxectorias profesionais  apuntando cara o liderado científico na súa área.

Na resolución da convocatoria, a RSEQ salienta “a súa traxectoria no desenvolvemento de procesos catalíticos mediante o uso de compostos organometálicos en síntese orgánica selectiva e a súa aplicación en síntese orgánica asimétrica”.

Martín Fañanás doutorouse na Universidade de Oviedo en 2007 e en 2014 incorporouse á USC como investigador Ramón e Cajal. O seu traballo de investigación céntrase no desenvolvemento de novas metodoloxías catalizadas por complexos de metais de transición que permitan levar a cabo transformacións sustentables e de alta eficiencia atómica, orientadas á formación enantioselectiva de ligazóns C-C e a activación e funcionalización de alcanos, así como á síntese de compostos de fósforo con interese biolóxico.

Realizou estadías no estranxeiro como doutorando (Universidade de Cambridge, Reino Unido) e investigador postdoutoral (Universidade de Groningen, Países Baixos), publicando cerca de 50 artigos de investigación en revistas de alto índice de impacto como Nature Chemistry,Angewandte Chemie, Journal of the American Chemical Society (JACS) ou Chemical Science, co dirixindo asemade dúas teses doutorais e cinco traballos de Máster.

A concesión do premio supón un novo éxito na carreira de Fañanás engadido a logros previos, entre os que destacan o Thieme Chemistry Journal Award 2015 ou a recente obtención dunha das prestixiosas axudas da Fundación BBVA a investigadores e creadores culturais.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.