Venres 29 Marzo 2024

O insigne xeógrafo Domingo Fontán recibe en Compostela a homenaxe da asociación Alumni USC

A asociación Alumni USC organiza este mércores 26 unha mesa redonda na que se fará un percorrido pola vida, obra e legado do insigne xeógrafo Domingo Fontán (1788-1866) cando se cumpren 150 anos do seu pasamento.

Será a partir das 19.00 horas no Paraninfo cando o escritor Marcos Calveiro, gañador do Premio narrativa breve Repsol 2015 por Fontán (Galaxia, 2015 ) e o profesor de Análise Xeográfico Rexional na Facultade de Xeografía e Historia da USC Francisco Durán expliquen a transcendencia para o país e a ciencia do autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia. O debate, tras o que haberá un coloquio, moderarao o mestre Agustín Pena.

Publicidade

O profesor Durán abordará a dimensión máis científica do xeógrafo e catedrático de Matemáticas con particular atención a súa formación nos principios da triangulación xeodésica, o que lle permitiu levantar a Carta Xeométrica de Galicia, cuxo gravado ultimaría en París en 1845, tres décadas despois de comezar o traballo de campo. Como porá de manifesto na súa intervención Francisco Durán “as características físicas do territorio, co seu relevo e unha xerarquizada rede hidrográfica, a reforma provincial de 1833, as vías de comunicación, as entidades de poboación e as parroquias, contempladas como unidades delimitadas e independentes son os principais elementos que aparecen representados na Carta”. O documento, “pola súa fidelidade”, permitiron “que figurase na base de todos os proxectos de modernización do noso territorio durante máis dun século”, apunta o profesor Durán.

Pola súa banda, Marcos Calveiro adianta que Domingo Fontán foi un adiantado ao seu tempo e un “verdadeiro protonacionalista”. Na súa intervención, o escritor falará do Fontán neno e da súa pulsión por coñecer e medir Galicia. “A miña novela nace da lectura de Arredor de si de Otero Pedrayo, dese final co protagonista ante o mapa de Fontán”, destaca Calveiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia lembra a xesta científica de Domingo Fontán

A Real Academia Galega de Ciencias acolleu o acto académico que homenaxeou ao autor da Carta Xeométrica de Galicia

Unha unidade didáctica para que a mocidade descubra a Fontán

O Consello da Cultura Galega presenta unha publicación na que recolle a vida e obra do xeógrafo cunha monografía e diversas actividades

A Academia de Ciencias lembrará o vindeiro luns a Domingo Fontán

A Real Academia Galega de Ciencias celebrará o vindeiro luns, 8...