O “imposto ao Sol”, a debate en Lugo

O “imposto ao Sol”, a debate en Lugo

As trabas e as oportunidades que depara o autoconsumo eléctrico centrará este mércores 28 de outubro a partir das 20.00 horas unha nova sesión dos Encontros de Lúa Chea. A entrada é libre e gratuíta para todas as persoas interesadas e o encontro terá lugar cafetería da residencia universitaria Jesús Bal y Gay de Lugo, 

O profesor de Electrotecnia da Universidade de Santiago na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, Miguel Á. González García, e Adrián Dios Vicente, investigador da USC que estuda a evolución do sistema eléctrico, serán os dous relatores convidados a participar nesta nova sesión dos Encontros de Lúa Chea, un ciclo de debate informal promovido polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e a través do que se busca recuperar o encontro físico como ferramenta básica para a comunicación e debate fronte ás tendencias de comunicación virtual e redes sociais.

Máis información no seguinte enlace:

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.