Álvaro Bastida. Imaxe: Dr. Álvaro Bastida - Filo Implantology.

Álvaro Bastida. Imaxe: Dr. Álvaro Bastida - Filo Implantology.

O galego que está revolucionando os implantes dentais

Álvaro Bastida desenvolve un novo sistema que xa está sendo ensaiado en catro continentes

Álvaro Bastida, un estomátologo e odontólogo que posúe unha clínica en Vigo, está revolucionando a implantoloxía dental. Tal e como conta hoxe El País, desenvolveu un novo sistema, bautizado co nome de Filo System, que xerou un grande interese en varios continentes. Odontólogos de Europa, América, Asia e África xa ensaian a técnica de Bastida, que é menos invasiva e cruenta e máis cómoda para os pacientes.

Bastida analizou os traballos de expertos como Stephano Tramonte, Dino Garbaccio o Ernst Bauer, precursores dos implantes mínimamente invasivos. Explica que xa nos anos setenta, estes médicos colocaban os implantes a través de pequenos buratos na enxiva, sen bisturís nin puntos de sutura. Ademais, no postoperatorio non había sangrado, inchazón ou hematomas. Empregaban un implante dunha soa peza, que non precisaba conexións, zonas ocas nin parafusos internos, típicos dos implantes de dúas pezas.

O médico galego, que sempre apostou pola eficiencia terapéutica, foi deseñando e desenvolvendo o seu propio método, ata que chegou a crear o sistema Filo. É un acrónimo, segundo explica a El País, de Flapless (cirurxía sen bisturí nin sutura), Immediate Loading (dentes colocados desde o primeiro día) e One-piece (implantes dunha soa peza).

Tras publicar os primeiros casos clínicos, Bastida comezou a ser chamado para conferencias en España, Alemaña, Austria, Turquía, Lituania, Dubai ou Taiwán.

En El País: “A técnica que revoluciona os implantes dentais“.

5 respostas a “O galego que está revolucionando os implantes dentais”

  1. FELIPE JORGE

    Estoy interesado en recibir información sobre este sistema y si hay alguna clínica en Madrid que lo practique.saludos

  2. Lourenzo

    Ola,
    quería saber sobre a financiación,e se hai axudas pra pensionistas e/ou mutualistas de Muface,por exemplo.
    Grazas
    L

  3. José Manuel Carneiro

    El pasado día 28 de junio finalicre el proceso de colocación de 10 implantes superiores realizados por el doctor Bastida. Tras un proceso de adaptación muy corto tengo que decir que estoy realmente encantado con el trabajo, es una maravilla.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.