José Luis Miramontes dirixe o Instituto de Física de Altas Enerxías da USC.

José Luis Miramontes dirixe o Instituto de Física de Altas Enerxías da USC.

O físico da USC José Luis Miramontes, premiado pola revista Journal of Physics A

A publicación recoñece un artigo de Miramontes, realizado xunto a investigadores das universidades de Swansea e Sao Paulo

José Luis Miramontes, catedrático da Facultade de Física da USC, foi galardoado xunto a dos compañeiros investigadores co premio Best Paper Prize, que outorga anualmente a revista científica Journal of Physics AO artigo, titulado An integrable deformation of the AdS5 × S5 superstring, enmárcase no estudo da correspondencia AdS/CFT, unha conxectura formulada polo profesor arxentino Maldacena hai case vinte anos. Refírese á equivalencia entre unha teoría de cordas, que describe a interacción gravitatoria, e unha teoría de campos conforme, que describe interaccións similares ás que gobernan a física de partículas. No texto, ademais de Miramontes, participaron os investigadores Timothy J. Hollowood, da Universidade de Swansea (Gales), e David M. Schmidtt, do Instituto de Física Teórica de Sao Paulo (Brasil).

No artigo do profesor Miramontes e os seus colaboradores propón unha xeneralización da teoría de supercordas no espazo-tempo AdS5xS5 que utiliza a propiedade de integrabilidade e que podería conducir a unha xeneralización da equivalencia proposta por Maldacena, segundo informa a web da USC.

O profesor Miramontes dirixe actualmente o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e organizou varios congresos sobre física de partículas celebrados en Santiago. Durante  os últimos anos traballou co profesor Hollowood na aplicación da propiedade coñecida como integrabilidade ao estudo das teorías de campos e teorías de cordas en relación coa física de partículas. Os dous investigadores comezaron a colaborar co doutor Schmidtt hai catro anos mentres este realizaba unha estancia posdoutoral na USC.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.