Eucalipto xerminado in vitro no CSIC Galicia.

Eucalipto xerminado in vitro no CSIC Galicia.

O CSIC en Galicia organiza a xornada para nenos ‘As árbores: un tesouro a preservar’

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) súmase á conmemoración do Día da Árbore coa celebración, o sábado 12 de marzo en Santiago de Compostela, da xornada divulgativa ‘As árbores: un tesouro para preservar’.

A xornada está organizada polo Grupo de Biotecnoloxía e Mellora Forestal do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG), cuxo obxectivo é a investigación básica e aplicada dos sistemas de rexeneración de especies leñosas mediante técnicas de cultivo in vitro. Conta coa colaboración da UCC do CSIC en Galicia e está financiada pola FECYT.

Terá lugar nos laboratorios do citado centro de investigación (Avenida de Vigo, s/n, Campus Sur) en horario de 17.30 a 19.00 horas. Diríxese ao público infantil con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos acompañados dun adulto. A participación é libre previa reserva no e-mail diadelarbol@iiag.csic.es

Consta de tres talleres prácticos guiados por persoal do IIAG a través dos que se aborda a propagación de árbores en laboratorio: Da semente á árbore; Misión Plantar unha árbore e Cantos anos ten unha árbore? “A través deles pretendemos que os participantes coñezan o valor das sementes, coñezan os seus partes, como se desenvolven e como se poden conservar; que observen como se obteñen plantas cultivadas in vitro e que realicen exercicios de contar os aneis de crecemento dun tronco para determinar a idade de diferentes árbores”, explican María del Carmen San José Capilla e Elena Corredoira Castro, do grupo de Biotecnoloxía e Mellora Forestal do IIAG.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.