O CSIC abre a convocatoria do programa ‘Exper-i-Ciencia’ para centros educativos

O CSIC abre a convocatoria do programa ‘Exper-i-Ciencia’ para centros educativos

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) abriu o prazo de solicitudes para que os centros de ensino das catro provincias galegas participen na XI edición de Exper-i-Ciencia CSIC, a súa actividade estrela en Galicia no ámbito da divulgación científica. Este proxecto, iniciativa da Delegación do CSIC en Galicia, está coordinado pola Unidade de Cultura Científica, e conta desde os seus inicios coa participación dos centros de investigación do Consello na comunidade autónoma e coa colaboración, desde o ano 2012, da Fundación Barrié. Estímase que nos seus tres últimas edicións chegou a máis de 15.000 alumnos.

O obxectivo deste proxecto é achegar a ciencia á comunidade educativa mediante visitas de persoal científico e técnico do CSIC aos propios centros de ensino, cubrindo todos os niveis: desde infantil ata bacharelato, incluíndo ciclos formativos e outros ensinos oficiais.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.