Xoves 28 Marzo 2024

O Consello Social da Universidade de Vigo aproba un orzamento de 160 millóns para 2016

Despois de que as liñas xerais orzamentarias foran expostas ao Claustro e do seu paso polo Consello de Goberno, o orzamento da Universidade de Vigo para 2016 foi aprobado de xeito definitivo polo pleno do Consello Social, na sesión que desenvolveu este martes na Casa das Campás. Co voto favorable de todos os membros presentes, o orzamento da institución académica para o vindeiro exercicio, que ascende a 160,6 millóns de euros, recibiu o “apoio decisivo” deste órgano, como salientou o reitor, Salustiano Mato, ao remate da xuntanza, ao tempo que o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, puña de relevo “o bo estado financeiro” dunha institución académica que pechou con superávit os catro últimos exercicios.
O vicerreitor de Economía e Planificación, José Manuel García, foi o encargado nesta sesión plenaria de afondar nas principais liñas dun orzamento que implica un descenso do 2,79% con respecto ás contas do exercicio anterior, por mor da finalización dos proxectos Táctica e Biocaps ou de infraestruturas como o Cinbio, así como pola redución na captación de recursos externos ao atoparse o novo programa europeo Horizonte 2020 nas súas fases iniciais. Trátase, ademais, do primeiro documento económico enmarcado no novo Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego (SUG) para o período 2016-2020, que tamén foi abordado nesta sesión plenaria, na que o vicerreitor informou así mesmo dos cambios introducidos no modelo de financiamento dos centros propios da institución académica e do teito de gasto da Universidade para o vindeiro exercicio, que se sitúa “moi prudentemente”, como sinalou Pedrosa, nos 176,5 millóns de euros.
Máis información no seguinte enlace:
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10795&Itemid=38

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Un método estatístico permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

O estudo, no que colabora a Universidade de Vigo, axudaría a identificar mutacións con incidencia en enfermidades como o cancro

“O ingreso de mulleres nas carreiras de enxeñería está en declive”

Soledad Torres Guijarro, profesora na UVigo, investiga na actualidade a contaminación acústica nos ecosistemas submarinos e como reducila