O Congreso Internacional Multilex analiza o futuro dos diccionarios electrónicos

O Congreso Internacional Multilex analiza o futuro dos diccionarios electrónicos

A Facultade de Filoloxía da USC acolle estes días o Congreso Internacional MULTILEX ‘Lexicografía multilingüe en rede’, un foro de discusión sobre os dicionarios e bases de datos multilingües e os dicionarios colaborativos desde múltiples perspectivas. O encontro está organizado polo proxecto PORTLEX que conta co financiamento do Ministerio de Economía e Competitividade e ten como investigadora principal á profesora María José Domínguez Vázquez, que participou na inauguración xunto coa decana da facultade, María José López Couso, e a profesora Cristina Mourón Figueroa.

O congreso estrutúrase en diferentes seccións, como son a lexicografía electrónica multilingüe na sociedade actual, as dificultades na elaboración dos dicionarios electrónicos multilingües, os factores de calidade e o papel do usuario neste tipo de repertorios. Tamén se proporcionará unha visión de conxunto dos dicionarios electrónicos multilingües, acompañada da presentación de obras e proxectos concretos. Para responder de maneira axeitada a todos estes temas, o congreso está deseñado en forma de conferencias plenarias, seguidas de coloquio, unha sesión de pósters e unha mesa redonda sobre o presente e o futuro da lexicografía electrónica

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.